Estamos a falar do Premio xerais de novela. Despois de 30 anos unha garantía máis que contrastada de calidade literaria.
Un segundo motivo é a traxectoria literaria da propia autora. A súa obra anterior é a súa mellor carta de presentación.
Sol de Inverno non é unha obra alimenticia; é literatura feita dende as entrañas, con paixón e compromiso. (A arte nunca pode ser pasatempo, Rosa Dixit)
A Inverno, a protagonista, impúlsaa o alento de Homero, como a Ulises na Odisea: a súa é unha viaxe vital salferida por un milleiro de historias a cada cal máis engaiolante.
Polo lirismo da súa escrita; marca da casa, á que xa nos ten acostumados.
Estamos ante unha Historia que calla (como acontece con Veu visitarme o mar ou Resistencia). As primeiras 40 páxinas son inesquecíbeis; dignas de volver a elas unha e outra vez como a calquera das nosas máis entrañábeis lecturas de referencia.
Polos seus Personaxes: sabia mestura de imaxinarios (Inverno) e reais (Felix Muriel/ Dieste; Dona Carme...)
A recreación de escenarios e ambientes históricos é esquisita. (Aldea galega de 1936, a Barcelona da guerra; Francia no 39/40; o Ipanema; Cuba nos 40-50...)
A Desmitificación (Galicia conservadora, franquista, antirrepubliacana)/ mitificación (Galicia progresista, republicana e laica) da nosa historia no século XX.
Rosa Aneiros. Ela mesma, as súas cualidades como persoa. As miñas palabras aquí sobran; quen teña a fortuna de coñecela é testemuña do que digo.
30 outubro, 2009
10 motivos para ler Sol de Inverno
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Ño!!!
Acabo de asistir a unas jornadas de animación a la lectura. Ni a la suela de los zapatos te llegan!!! jajaja.
Vale, que a mi no hace falta animarme mucho para leer... pero ya me apetece poner este en la lista!!
Me alegro de que vuelvas por aquí. Besossss
Enviar um comentário