A miña primeira idea era reflexionar sobre o ineludíbel exercicio de honestidade que todo creador debería enfrontar ao rematar unha obra. A clásica cuestión sobre se un traballo alleo cumple coas expectativas que te creou nun principio. Horizonte de expectativas, pero á inversa.
Si, a miña idea era reflexionar sobre o xeito de contestar a preguntas imprecindíbeis: con que criterios xulgar a propia obra e de que forma aplicalos? Como acadar a distancia estética precisa que permita decidir en que medida se cumpliron os obxectivos que se tiñan ao inicio do proceso?
A primeira idea era profundar nesa dirección. Era pero, como ocorre tantas veces no medio dun proceso creativo, decidín parar. Decateime de que sería preferible agardar e permitir que a idea madurecese; se non tiña nada interesante que dicir mellor sería...
23 novembro, 2011
27 outubro, 2011
Gume
Ás veces xogas: enredas enchendo páxinas, ateigando o lenzo de materia, dando forma ao espazo…; enfocas, constrúes e deconstrúes, conxugas verbos, xogas cos volumes e a sintaxe, domeas dimensións… Ás veces, de noite, acósache o desvelo, confundes imaxes na vixilia; o tempo pasa, arrincas as agullas do reloxo. Ás veces deixaste levar pola tentación: fantaseas e ficcionas, perseveras na procura de respostas… Ás veces, moitas veces, percorres con deleite o gume da cóitela; rózala lenta, levemente, coa punta dos dedos, pero, por máis que persistes, no reloxo sen agullas o tempo non transcorre… Ás veces xogas, sinxelamente xogas, deixaste levar pola brincadeira: ás veces… recortas, pintas, coloreas
Subscrever:
Mensagens (Atom)