31 outubro, 2006
Vagas de acivro
Rematou, quizais, a xeira das muiñeiras de auga, e as vagas de acivro foron anuncio do inicio dun novo tempo.
26 outubro, 2006
Arto Paasilinna
O bosque dos raposos aforcados de Paasilinna é, seica, a primeira traducción do finés ao galego. Hilaridade sen fin a que nos proporcionan os seus protagonistas, entrañables anti heroes: ladróns, borrachos, prostitutas e asasinos en serie. Tamén Cincocentos, o raposo ártico, e Rusko, fugaz gato finlandés.
25 outubro, 2006
Abrindo fosas
Dores Vilavedra, Xabier Alcalá, Fdez Paz e de Toro, levados pola asociación cultural Barbantia dedicáronse a debater en mesa redonda sobre literatura e guerra civil. Ocupáronse, denantes que se extingan coa memoria dos derradeiros supervivintes, de abrir fosas, algunhas das moitas, dos milleiros que quedan espalladas polo país.
19 outubro, 2006
17 outubro, 2006
Kjell Askildsen
Recordo nidiamente a impresión que me causou o ler esta frase do noruegués Kjell Askildsen nunha reseña sobre a súa obra "Últimas notas de Thomas F. para a humanidade". Non me decepcionaron en absoluto os relatos que o libro contiña. Gardo, polo contrario, na miña memoria a sensación da intensidade daquelas frases cortantes, escritas a navalla, con precisión de cirurxián.
Veño de Rematar "Os cans de Tesalónica", sete relatos do mesmo autor publicados asemade por Lengua de trapo nos que a soidade se enseñorea como protagonista dunhas historias nas que en apariencia nada acontece mais que desacougan dun xeito irrefreable ao acreditar que narran, cunha concisión de diálogos moi carácterística no nórdico, situacións que a ninguén son alleas e que nos fan sentir sós, abandonados ante a ermedade da existencia.
12 outubro, 2006
Empanada de lesma
09 outubro, 2006
07 outubro, 2006
Insecto pao
Apareceu. Quen desacreditaba da existencia da mítica alimaña que gabeaba aos carballos nas churrascadas de San Mamede? Apareceu, si, nos primeiros días de outubro ás portas do mosteiro de Toxosoutos...
( A foto é, por suposto, pirateada da arañeira. A autentica, a do verdeiro insecto pao, colgareina cando Tichu ma faga chegar)
03 outubro, 2006
Cara ao inferno
Subscrever:
Mensagens (Atom)