25 maio, 2007

Procuro

un abeiro a sotavento,
máis aló do ermo Mar das Tempestades

Hipérbole

Que máis podo agardar xa da literatura?

23 maio, 2007

Maternidade compartida

Gromo colectivo e longamente agardado por todos nos.

13 maio, 2007

13 maio 73

Onde se perderon os meus arrolos?

Metamorfose

Hei medrar
Fareino
E serei un principe
para ti

03 maio, 2007

Diferenzas

Acéndeo

Olladas

E sobre todo mirar con inocencia. Como se non pasase nada, o cal é certo.
A. Pizarnik

01 maio, 2007

Arregañar os dentes (Cheshire cat)

- Poderíame indicar, se me fai a gracia, que camiño teño que coller desde acó?
- Iso depende moito do sitio a onde queiras chegar, dixo o gato.
- Non me importa moito a que sitio... , dixo Alicia.
- Daquela non importa moito o camiño que escollas, dixo o gato.
- ... con tal de que leve a algunha parte, engadiu Alicia como explicación.
- Ah!, iso seguro que o consegues, dixo o gato, con tal de andar o suficiente!