Un escribe dous ou tres libros e logo pasa a vida dando explicacións sobre estes libros. O que proba que á xente interésalle tanto ou máis a opinión do autor sobre os seus libros como os seus libros. E en gran parte a causa delo non escribe novos libros ou só libros sobre os seus libros. Para contrarrestar este perigo, ter presente que unha boa obra non ten explicación, unha mala obra non ten excusa e unha obra mediocre carece de todo interese. En consecuencia, os comentarios sobran.
Mostrar mensagens com a etiqueta Feixes de palabras. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Feixes de palabras. Mostrar todas as mensagens
25 novembro, 2007
Falar ou non
Un escribe dous ou tres libros e logo pasa a vida dando explicacións sobre estes libros. O que proba que á xente interésalle tanto ou máis a opinión do autor sobre os seus libros como os seus libros. E en gran parte a causa delo non escribe novos libros ou só libros sobre os seus libros. Para contrarrestar este perigo, ter presente que unha boa obra non ten explicación, unha mala obra non ten excusa e unha obra mediocre carece de todo interese. En consecuencia, os comentarios sobran.
08 outubro, 2007
Lois Pereiro
23 maio, 2007
27 março, 2007
Valquiria
... e sentíu o murmurio divagando polo interior da súa pel, aló, nas profundidades, e caeu polo precipicio da derrota. Afogou no abismo descoñecido, na raíz de ausencias, e berrou na cegueira do sartego. E así se ergueu, e así loitou na adversidade. Hibernou como morcego na cova da incerteza, mais, sen lamentación, escachou o muro. Eclosionou a crisálida erixíndose no vento.
10 março, 2007
27 fevereiro, 2007
03 fevereiro, 2007
26 janeiro, 2007
02 janeiro, 2007
Blúmsdei
O que lin non era, coido, unha novela, tampouco un relato longo. Parecíase, na miña ignorante opinión, a un ensaio inxertado cun diario. Quizais fose un relato infantil coa linguaxe xuvenil dun rapaz revello. Apostaría máis por un longo poema en prosa. Tampouco estou seguro. É igual. Foi unha boa forma de comezar o ano.02 dezembro, 2006
15 novembro, 2006
26 outubro, 2006
Arto Paasilinna
O bosque dos raposos aforcados de Paasilinna é, seica, a primeira traducción do finés ao galego. Hilaridade sen fin a que nos proporcionan os seus protagonistas, entrañables anti heroes: ladróns, borrachos, prostitutas e asasinos en serie. Tamén Cincocentos, o raposo ártico, e Rusko, fugaz gato finlandés.
17 outubro, 2006
Kjell Askildsen
Recordo nidiamente a impresión que me causou o ler esta frase do noruegués Kjell Askildsen nunha reseña sobre a súa obra "Últimas notas de Thomas F. para a humanidade". Non me decepcionaron en absoluto os relatos que o libro contiña. Gardo, polo contrario, na miña memoria a sensación da intensidade daquelas frases cortantes, escritas a navalla, con precisión de cirurxián.
Veño de Rematar "Os cans de Tesalónica", sete relatos do mesmo autor publicados asemade por Lengua de trapo nos que a soidade se enseñorea como protagonista dunhas historias nas que en apariencia nada acontece mais que desacougan dun xeito irrefreable ao acreditar que narran, cunha concisión de diálogos moi carácterística no nórdico, situacións que a ninguén son alleas e que nos fan sentir sós, abandonados ante a ermedade da existencia.
03 outubro, 2006
Cara ao inferno
Subscrever:
Mensagens (Atom)










