30 outubro, 2009

10 motivos para ler Sol de Inverno

  1. Estamos a falar do Premio xerais de novela. Despois de 30 anos unha garantía máis que contrastada de calidade literaria.

  2. Un segundo motivo é a traxectoria literaria da propia autora. A súa obra anterior é a súa mellor carta de presentación.

  3. Sol de Inverno non é unha obra alimenticia; é literatura feita dende as entrañas, con paixón e compromiso. (A arte nunca pode ser pasatempo, Rosa Dixit)

  4. A Inverno, a protagonista, impúlsaa o alento de Homero, como a Ulises na Odisea: a súa é unha viaxe vital salferida por un milleiro de historias a cada cal máis engaiolante.

  5. Polo lirismo da súa escrita; marca da casa, á que xa nos ten acostumados.

  6. Estamos ante unha Historia que calla (como acontece con Veu visitarme o mar ou Resistencia). As primeiras 40 páxinas son inesquecíbeis; dignas de volver a elas unha e outra vez como a calquera das nosas máis entrañábeis lecturas de referencia.

  7. Polos seus Personaxes: sabia mestura de imaxinarios (Inverno) e reais (Felix Muriel/ Dieste; Dona Carme...)

  8. A recreación de escenarios e ambientes históricos é esquisita. (Aldea galega de 1936, a Barcelona da guerra; Francia no 39/40; o Ipanema; Cuba nos 40-50...)

  9. A Desmitificación (Galicia conservadora, franquista, antirrepubliacana)/ mitificación (Galicia progresista, republicana e laica) da nosa historia no século XX.

  10. Rosa Aneiros. Ela mesma, as súas cualidades como persoa. As miñas palabras aquí sobran; quen teña a fortuna de coñecela é testemuña do que digo.

2 comentários:

leticia disse...

Ño!!!

Acabo de asistir a unas jornadas de animación a la lectura. Ni a la suela de los zapatos te llegan!!! jajaja.
Vale, que a mi no hace falta animarme mucho para leer... pero ya me apetece poner este en la lista!!

Me alegro de que vuelvas por aquí. Besossss

Blogger disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blogue.