31 outubro, 2006

Vagas de acivro

Rematou, quizais, a xeira das muiñeiras de auga, e as vagas de acivro foron anuncio do inicio dun novo tempo.

4 comentários:

Anónimo disse...

Ten o novo tempo só a ver coa chegada do inverno, simbolizada no primeiro de santos, ou acaso o cambio é máis íntimo? -ouso preguntar, seguramente no menos oportuno dos lugares.

nhusko disse...

Tocaba Manfred muiñeiras de auga para que lle levaran a tristura... coido que entre o Xa cheghou, o Garigolo e o Tarasca teremos tempo de discutir a miña capacidade para construír metáforas e se esta o era.

ElBecerro disse...

Tio, non comas desas froitiñas que seica son malas, se queres flipar un pouco tómate un bocata de muscarias, aínda que creo que flipamos dabondo só con abrir os ollos cada mañán e aterramos outra vez na rutina estraña de cada día.

Anónimo disse...

Os novos tempos sempre se anuncian peores, mais non son éstos unha boa maneira de fuxir da rutina?