30 dezembro, 2006

07

Dimo o corpo
-como aos vellos -:
será un gran ano.

25 dezembro, 2006

Visita inesperada

Que mensaxe chegará tras a inesperada visita desta mañá?

19 dezembro, 2006

Parabéns

Desexo:
Que a felicidade te alcance de súpeto,
coma un lóstrego
e fique contigo
para sempre
Viladomar. 19/12/06

14 dezembro, 2006

A randeeira

Collo o título dun dos blogs máis interesantes que coñezo, acorde coa foto que considero a que mellor expresa o que vin no Sáhara. Area e terra seca, cabuxas e nenos, e moito moito frío. Territorio da desolación.

11 dezembro, 2006

Máis cedo que tarde

... mas temprano que tarde abrirán las grandes alamedas... A foto roubeina dun libro polo ano 82. O seu deterioro é evidente, amosa as marcas do celo que a fixaba a miña carpeta de estudante. Seguía gardada quizais para un día como hoxe. Que tarde, que triste, non si?

02 dezembro, 2006

Territorio ocupado

Libro de cabeceira para unha viaxe inminente

27 novembro, 2006

Exhibicionismo

Últimas aprendizaxes:
1. Teño unha faceta exhibicionista. Este blog.
2. O desexo de trascender é, seica, consustancial a nosa natureza. Pode ser por medio dos fillos, das amizades ou... da creación.

25 novembro, 2006

Outubro ( Haiku soviético )

Non foron os atlantes
quen de inpedir a caída
do pazo de inverno.

21 novembro, 2006

Rumbo a Maluco

Adeus amigo poida que aínda nos vexamos nalgures

18 novembro, 2006

Queiruga

Pechei os ollos
e todo se fixo mar
materia azul tracexada na memoria
cons, coídos e furnas
pes nus a esfolarse no cunchal.