A miña primeira idea era reflexionar sobre o ineludíbel exercicio de honestidade que todo creador debería enfrontar ao rematar unha obra. A clásica cuestión sobre se un traballo alleo cumple coas expectativas que te creou nun principio. Horizonte de expectativas, pero á inversa.
Si, a miña idea era reflexionar sobre o xeito de contestar a preguntas imprecindíbeis: con que criterios xulgar a propia obra e de que forma aplicalos? Como acadar a distancia estética precisa que permita decidir en que medida se cumpliron os obxectivos que se tiñan ao inicio do proceso?
A primeira idea era profundar nesa dirección. Era pero, como ocorre tantas veces no medio dun proceso creativo, decidín parar. Decateime de que sería preferible agardar e permitir que a idea madurecese; se non tiña nada interesante que dicir mellor sería...