22 dezembro, 2007

Roda hidráulica

Nestes días no que algún, co corpo rebordante de autonoxo secular, proclama a nimia calidade da nosa literatura e da pé á sempre interesante polémica non estaría de máis achegarse á modesta proposición de Lois Pereiro no Luzes de Galiza; ensaio que foi a súa última publicación en vida. Despois se queren poden seguir os señores académicos largando nos xornais como acotío; escribindo como lles peta: pasándose polo forro as normas que eles mesmos refrendan; esquecendo outra volta na próxima votación a quen o merece, e tamén seguir propoñendo a algún xudas feixista.

5 comentários:

gatina disse...

Denso, irónico y genial párrafo.

Si que hace honor a sus apellidos el X.L. este!! Lástima los nombres de sus hijas, me gustaban...

No me gusta hablar de lo que no conozco (literatura galega), pero igual que ocurre con el cine, el teatro... la literatura es eso, literatura, el arte de la palabra, y juzgar si es buena o mala es algo muy subjetivo. Eso sólo lo podemos decicidir cada uno, cuando leemos, y en cada momento en el que lo hacemos.

No dejaré de leer un libro en galego porque este "individuo" me diga que es mala.

FraVernero disse...

a 2 de Nivoso, ano CCXVI...

Alédame topar a recomendación pereirica, un autor que me resulta máis que grato e que parece non dar saído de certa situación marxinal no imaxinario do noso sistema. Día das Letras? Ben, todos sabemos que se trata dun ritual pouco útil, alén de que se nos dirá que non é un premio de escrita, senón unha crónica do 'facer país'. Nembargantes, e polos nosos pecados, sospeito que antes que Lois ou o reintegrata ('ghasús! Pecado, pecado!') Calero, han ser premiados Piñeiro, García Sabell e, quizais, Filgueira...

Anónimo disse...

bos dias gus!!

son a rubia,(irimia). acórdaste¿? e como no hai forma de contactar contigo, que non nos ves a facer unha visita... por iso utilizo isto para polo menos poder dicirche ACORDOME DE TI....

Deixoche aquí o meu correo para que polo menos, se estas vivo mandes unha mensaxe ou algo polo estilo... irimia_mollinedo@hotmail.com

que tal o deporte¿?
gustame moito leer o teu blog...
polo menos escribes na lingua do noso país, abofe unha lingua moi fermosa...

unha aperta moi moi forte...

espero que onde traballes agora, che collan o mesmo cariño que te temos nos....

moitas veces vivimos de recordos... dado que os recordos... soen ser bos...

X disse...

Feliz 2008.

Anónimo disse...

Académicos. Unha verghonsa.