25 novembro, 2007

Falar ou non

Un escribe dous ou tres libros e logo pasa a vida dando explicacións sobre estes libros. O que proba que á xente interésalle tanto ou máis a opinión do autor sobre os seus libros como os seus libros. E en gran parte a causa delo non escribe novos libros ou só libros sobre os seus libros. Para contrarrestar este perigo, ter presente que unha boa obra non ten explicación, unha mala obra non ten excusa e unha obra mediocre carece de todo interese. En consecuencia, os comentarios sobran.
J.R. Ribeyro

5 comentários:

Mr Tichborne disse...

ha ha... estupenda cita. E unha grande verdade.

gatina disse...

Pois si sobran os comentarios... ficarei caladiña.




(Ay! xa sabes que non podo. Encantoume este pensamento "unha boa obra non ten explicación, unha mala obra non ten excusa e unha obra mediocre carece de todo interese" éche ben certa, ocurre tamén coas persoas.)


Bicos gatunos.

Raposo disse...

Amén.

Anónimo disse...

Ha! Pois non imos todos bos de falar!

R.R. disse...

Cita roubada, aviso. Creo que vou aprendela de memoria.