07 outubro, 2006

Insecto pao

Apareceu. Quen desacreditaba da existencia da mítica alimaña que gabeaba aos carballos nas churrascadas de San Mamede? Apareceu, si, nos primeiros días de outubro ás portas do mosteiro de Toxosoutos... ( A foto é, por suposto, pirateada da arañeira. A autentica, a do verdeiro insecto pao, colgareina cando Tichu ma faga chegar)

7 comentários:

Anónimo disse...

Eu tamén quero ver a foto orixinal. Creo que pode interpretarse como un sinal: temos que retomar as nosas sardiñadas nun novo contorno, ao pé da fervenza, xunto ao irmán río de Toxosoutos. Pero tamén valería unha empanada calquera...

nhusko disse...

Contigo, miña anónima, apúntome a un bombardeo.

Anónimo disse...

Viva!!!

nhusko disse...

Témome que precisamos dunha nova foto, a que me chegou ten unha calidade pésima. Haberá que argallar unha cazaría, ou, no seu defecto, unha sardiñada como cebo para a esquiva alimaria

ElBecerro disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Anónimo disse...

Cres que unha sardiñada atraerá o becho? Non sei, non sei... Pero ao mellor cun bacallau ao forno xa cambia o conto.

nhusko disse...

Aínda teño na axenda o teléfono da Barcala, non ha ser problema pór a data.