27 abril, 2007

lelia doura

Muito desejei amigo
lelia doura
que vos tevesse comigo
edoi lelia doura.

19 abril, 2007

Xogos e preguntas

Quizais porque hai formas infantiles de relacionarse, timideces e fuxidas cara a diante, achegamentos que o son, ou non. Inxenuos xogos. Porque hai preguntas sen resposta e respostas sen pregunta. Eternas dúbidas. Dúbidas eternas.

16 abril, 2007

Petite hommage (ou... )

... campaña de animación á lectura

Quelle chance!

A sorte non é o agasallo. Alén do amoroso chat parisienne está a fortuna das presenzas. Saber que estás aí. De este ou do outro lado. Aí

07 abril, 2007

Calma!?

A modo! Hai que ter calma, díxolle a Alicia a eiruga

02 abril, 2007

mmmmmmúsicas

Haiche días e haiche polvos. Hainos para acariñar a túa mudez na Sesta demorada cas Missangas de Joao Afonso, para Yezhou Bihan, para Miña galera, para os nosos fetiches todos. Hainos para os ritmos, para perderse nas chairas, esquecer o tempo nos píncaros e nas grobas co Caetano Veloso ou a trompeta delongada de Miles Davis. Hai días para o rumor das ondas rompendo na area, os movementos medidos na proximidade dos xogos das crianzas. Hainos nos que non sairías indemne do coche, do ascensor, do retrete do Da Vinci, co espiñazo magoado no recuncho mais cativo, Tonino Carotone a cagarse no amor ou os Rolling a inflamarnos no degaro e a premura. Hainos para o zoar do vento e o petar da chuvia nos vidros embazados da ventá. Hai días, amor, para o silencio, días onde tan só caben os teus saloucos e os meus latexos.
Grazas a X polo seu combite e a María e Harvey pola idea.

01 abril, 2007

Procuro-te

Eu xa te procuraba
no comenzo dos mares e das chairas