24 fevereiro, 2009

Dernier grimpeur

Cinco anos sen el, sen a súa fasquía de pirata asaltando os cumios dacabalo da mítica bianchi; cinco anos sen el, sen a súa épica e o seu carisma; cinco anos sen Marco, dernier grimpeur.

Antroxu

É unha opción, a que me pedía o corpo. Na vez de caretas: imaxes e palabras.

17 fevereiro, 2009

Guedellas

Leme os textos coa coitela na man (non é o único); e aínda me fai achegas como esta ou estoutra.

12 fevereiro, 2009

O vello Carlos (200 anos)

Seica temos un xeito distinto de ver as cousas. Mesmo hai quen di que teñen que darnos de comer aparte. Poida que Jacques ou o Félix sexan responsábeis en gran medida de que chegásemos até aquí, con esta ollada revirada. Mais foi el, sen dúbida, quen máis influíu para que pensemos e sexamos como somos.

09 fevereiro, 2009

07 fevereiro, 2009

O fillo do dentista

El é estes días a compaña na tarefa de buscar palabras; e esta quizais a miña versión preferida.

04 fevereiro, 2009

Cabracho

Confundirme cun escacho, cagoensós!... E pretender chamarme Berete! Un ten o seu status: escarapote e, cando menos, para pastel do 16.

01 fevereiro, 2009

familia numerosa

Si, este é o novo retoño.