16 Maio, 2008

Tres desexos

Chegados aos fastos deste ano e, amais de desexar outras mil primaveras, poderiamos agardar que:
1. Se cambiase a normativa e, aparte da cousa esa dos dez anos, se homenaxease en vida a quen ben o merece.
2. Que nin o vindeiro ano, nin os sucesivos, nin nunca xamais se festexe a un fascista.
3. dado que os tempos, nos que con falar a lingua de nos xa era suficiente, remataron: facemos botos para que proximamente os nosos políticos e mais a xente representativa da cultura comecen a dar exemplo e aprendan a falar con xeito.

14 Maio, 2008

Ai, meu filliño!

Que aventuras te deparará o mundo?

10 Maio, 2008

Caladiño...

... pero sigo ao asexo

21 Janeiro, 2008

Autoincúlpome

mércores, 23xaneiro ás 20 horas.

A vella da manta

Celebro a decisón dun dos meus autores favoritos de facerse decote presente. Xusto é recoñecer a súa influencia. Chega entrando de fronte na polémica; co uso do argumento e a palabra. Sen desperdicio a entrada na que saca á luz un problema máis grave, o dos neobilingüistas; o cal xustifica dalgún xeito a miña postura: se tardei case tres mil anos en ler a Homero eles poden agardar outro tanto.

06 Janeiro, 2008

Todo está escrito?

Non

22 Dezembro, 2007

Roda hidráulica

Nestes días no que algún, co corpo rebordante de autonoxo secular, proclama a nimia calidade da nosa literatura e da pé á sempre interesante polémica non estaría de máis achegarse á modesta proposición de Lois Pereiro no Luzes de Galiza; ensaio que foi a súa última publicación en vida. Despois se queren poden seguir os señores académicos largando nos xornais como acotío; escribindo como lles peta: pasándose polo forro as normas que eles mesmos refrendan; esquecendo outra volta na próxima votación a quen o merece, e tamén seguir propoñendo a algún xudas feixista.

Ano OUlímpico (Ouzande II)

E para o verán Oulimpiada

Carreiros (Ouzande I)

Os amigos da ac a fervenza da ouzande publican unha vez máis, a sexta, o seu carreiros

20 Dezembro, 2007

Adiviña

Que facer este nadal?