14 dezembro, 2006

A randeeira

Collo o título dun dos blogs máis interesantes que coñezo, acorde coa foto que considero a que mellor expresa o que vin no Sáhara. Area e terra seca, cabuxas e nenos, e moito moito frío. Territorio da desolación.

4 comentários:

fucafuca disse...

a pergunta do milhom:

Que comem as cabuxas no deserto?

Anónimo disse...

... territorio da desolación mais tamén da loita pola liberdade.

Marinha de Allegue disse...

A imaxe é moi moi significativa...

Unha aperta.
:)

Tea disse...

Preparar a comida para as cabuxas é desfiañar cartón e logo misturalo con auga o e con moita sorte algo que non poida ser comido por nós como pelas ou fariña en mal estado...
A desolación convértese no alimento dos nosos fillos, un leite que é a cerna do noso pobo nómade, sempre na procura de pastos para os nosos rebaños. Un pobo digno loita, un pobo indigno deixase morrer, emigra, olla para nós con ollos estranxeiros...