Collo o título dun dos blogs máis interesantes que coñezo, acorde coa foto que considero a que mellor expresa o que vin no Sáhara. Area e terra seca, cabuxas e nenos, e moito moito frío. Territorio da desolación.
Preparar a comida para as cabuxas é desfiañar cartón e logo misturalo con auga o e con moita sorte algo que non poida ser comido por nós como pelas ou fariña en mal estado... A desolación convértese no alimento dos nosos fillos, un leite que é a cerna do noso pobo nómade, sempre na procura de pastos para os nosos rebaños. Un pobo digno loita, un pobo indigno deixase morrer, emigra, olla para nós con ollos estranxeiros...
4 comentários:
a pergunta do milhom:
Que comem as cabuxas no deserto?
... territorio da desolación mais tamén da loita pola liberdade.
A imaxe é moi moi significativa...
Unha aperta.
:)
Preparar a comida para as cabuxas é desfiañar cartón e logo misturalo con auga o e con moita sorte algo que non poida ser comido por nós como pelas ou fariña en mal estado...
A desolación convértese no alimento dos nosos fillos, un leite que é a cerna do noso pobo nómade, sempre na procura de pastos para os nosos rebaños. Un pobo digno loita, un pobo indigno deixase morrer, emigra, olla para nós con ollos estranxeiros...
Enviar um comentário