01 maio, 2007

Arregañar os dentes (Cheshire cat)

- Poderíame indicar, se me fai a gracia, que camiño teño que coller desde acó?
- Iso depende moito do sitio a onde queiras chegar, dixo o gato.
- Non me importa moito a que sitio... , dixo Alicia.
- Daquela non importa moito o camiño que escollas, dixo o gato.
- ... con tal de que leve a algunha parte, engadiu Alicia como explicación.
- Ah!, iso seguro que o consegues, dixo o gato, con tal de andar o suficiente!

3 comentários:

gatina disse...

É moi dificil indicar a alguén o camiño que ten que coller, e aínda mais complicado se non sabe a onde quere chegar. Pero o importante e seguir camiñando...
(que rua tan bonita)

X disse...

Como se andar fose tan doado!

Anónimo disse...

"Nunca vayas por el camino trazado porque conduce a donde otros han ido ya", Alexander G. Bell