19 abril, 2007

Xogos e preguntas

Quizais porque hai formas infantiles de relacionarse, timideces e fuxidas cara a diante, achegamentos que o son, ou non. Inxenuos xogos. Porque hai preguntas sen resposta e respostas sen pregunta. Eternas dúbidas. Dúbidas eternas.

7 comentários:

Anónimo disse...

Vaia, que sorpresa mais agradable.
Logo a eternidade existe?
Mayte

Anónimo disse...

Seguro que son inxenuos xogos, e non xogos inxeniosos?
Por que e cando perdemos a inxenuidade? Por que non ser sempre Alicias e Peter Pans?
Por que e cando agudizamos o inxenio? Por que converternos en Robinsons?
Por que achegamentos que o son, ou non? E non achegamentos que o son, e si?
Por que tanto por que?

X disse...

Por que agochamos o atrevemento baixo o humor?
Por que nunca damos perdido ese temor a facer o máis espantoso dos ridículos?
Ao mellor porque no infantil está a nosa vertente máis cándida capaz de conquistar a calquera con maior éxito que calquera outra complicadísima estratexia.

nhusko disse...

Amoréanse os porqués. E el haberá algunha resposta?

Anónimo disse...

Haberá, ou?

Anónimo disse...

E eu terei resposta?

Anónimo disse...

Un caravel no aniversario da Revolución dos Caraveis. Obrigadissima.