... e sentíu o murmurio divagando polo interior da súa pel, aló, nas profundidades, e caeu polo precipicio da derrota. Afogou no abismo descoñecido, na raíz de ausencias, e berrou na cegueira do sartego. E así se ergueu, e así loitou na adversidade. Hibernou como morcego na cova da incerteza, mais, sen lamentación, escachou o muro. Eclosionou a crisálida erixíndose no vento.
As miñas desculpas a Moralla por parafrasear dun xeito tan burdo a súa obra.
27 março, 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
5 comentários:
Hai que sentir, no interior e no exterior da pel, nas profundidades e tamén na superficie. O precipicio non é tan profundo según dende onde se mire. O importante é erguer, non rendirse ante o abismo.
Obertura sen heroi, sen medo. Unha poeta que sí é nova, que sí empeza e o fai con forza, con ganas, con protesta. Non creo que lle pareza mal a Yoli-Moralla este guiño cabaleiro. Unha aperta(Por certo estiven por Noia o sábado e preguntei por ti. Non fuches á Semana da historia?
Ai/ai/ai/ pero que susto acabo de levar! que me latexa o corazón de "Valquiria"...Isto é todo un detalle, cabaleiro!! MOITAS GRAZAS :-) menudo sorpresón, nhusko, e grazas tamén a ghatina e a Rosa polos seus comentarios!!
Mando un bico e unha aperta de cores versificados
Yoli-moralla
Grazas a todas as tres. Aínda agrado pola oportunidade dunha dedicatoria
Cando queiras cabaleiro!
mándoche o meu email e quedamos para asinarcho: iayolita@usc.es
biquiños
Enviar um comentário