09 fevereiro, 2007
Inquérito do exilio
Non precisamos de psicotrópicos visionarios
para prognosticar o inevitábel
innecesarias as enquisas
nin tan sequera interactivas
Recoñezamos a septicemia
metástase galopante
resultado da deficitaria psicoafectividade
da esmorecente autoestima
Academos o diagnóstico sen recorrer a inferencias
estatísticas, conclusións baseadas na análise de parámetros
nunha mostra significativa
do rabaño
cheguemos a inevitábel
disxuntiva: sedación paliativa
ou eutanasia
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
... eutanasia porque sempre implica máis liberdade.
Enviar um comentário