Nada máis decatármonos do que estaba a contecer, mesmo antes de poñerlle nome, compartimos todos os oito a sensación de estar a vivir un momento máxico, un dos que, a pesar da súa intrascendencia, se recordan toda a vida. A folla estaba a caer!
10 comentários:
Anónimo
disse...
Como é que un acto tan intrínseco á natureza pode converterse nun momento máxico? Acaso é que somos todos tan urbanitas que a espontánea e natural caída da folla nos estremece? O será que nun inocente momento de lucidez volvimonos conscientes do tremendo valor, mesmo historico, dese acontecemento debido á irremediable morte do planeta?
Talvez a sorpresa se agoche en calquera feito en aparencia intrascendente; talvez sexa cuestión de parar un intre e observar que pasa no arredor. A verdade é que outono é ben fermoso, pero compartir conscientemente un momento máxico con alguén aínda o é máis.
Somos conscientes de que chove, e de que a auga cae das nubes, mais, estivéchedes algunha vez no límite da chuvia, cun pe no mollado e outro no seco? As follas caen, si, por novembro. Caéronvos algunha vez todas xuntas, a centos, diante vosa nun souto do Courel? Pensabades que ían caendo unha a unha, aos poucos durante todo o outono ou sabiades que caían todas xuntas, dese xeito? Vivírades iso algunha vez? De voltar noutra xeira, que posibiliddes habería de que se repetise o suceso? Será que mitífico eu en exceso o acontecemento?
Pois si, de mitos vive o home. Supoño que as follas caen sempre así, polo outono nos soutos do Caurel. Do que ao mellor non hai tantas posibilidades é de que volvas estar polo outono algún souto daquela paraxe.
Vai ser, e é, que non vos son tan nihilista como pensaba e que, pola contra, si son un mitificador do copón. Vamos, que de postmoderno nada, sigo na caberna.(E con sobredose de bacalhao e mojitos)
Que es un mitificador éche ben certo, mais que non es posmoderno está por ver. Quen che di que a caída dos mitos da posmodernidade non é un mito en si mesmo? Vaia lea, mellor será que me centre no bacallau e os mojitos, praceres mundanos dos que eu gusto moito.
Caen os mitos o mesmo que as follas no Caurel todos á vez? Caeu algún de vos como os mitos polo Caurel abaixo? Estar no Caurel no día que caen as follas todas á vez ascenderá a categoría de mito algún día, tirando por terra iso da caida dos mitos? Por que nunca estou cando falades da caida dos mitos e da posmodernidade?
A min no outono caeme o pelo. Afortunadamente non todo á vez.
10 comentários:
Como é que un acto tan intrínseco á natureza pode converterse nun momento máxico? Acaso é que somos todos tan urbanitas que a espontánea e natural caída da folla nos estremece? O será que nun inocente momento de lucidez volvimonos conscientes do tremendo valor, mesmo historico, dese acontecemento debido á irremediable morte do planeta?
Talvez a sorpresa se agoche en calquera feito en aparencia intrascendente; talvez sexa cuestión de parar un intre e observar que pasa no arredor.
A verdade é que outono é ben fermoso, pero compartir conscientemente un momento máxico con alguén aínda o é máis.
Somos conscientes de que chove, e de que a auga cae das nubes, mais, estivéchedes algunha vez no límite da chuvia, cun pe no mollado e outro no seco? As follas caen, si, por novembro. Caéronvos algunha vez todas xuntas, a centos, diante vosa nun souto do Courel? Pensabades que ían caendo unha a unha, aos poucos durante todo o outono ou sabiades que caían todas xuntas, dese xeito? Vivírades iso algunha vez? De voltar noutra xeira, que posibiliddes habería de que se repetise o suceso? Será que mitífico eu en exceso o acontecemento?
Pois si, de mitos vive o home. Supoño que as follas caen sempre así, polo outono nos soutos do Caurel. Do que ao mellor non hai tantas posibilidades é de que volvas estar polo outono algún souto daquela paraxe.
Volvemos logo ao tema da postmodernidade: E logo non caeran os mitos? Ou é defecto da alimaña a súa querencia polas cousas ou a xente misteriosa?
Ti mesmo dixeches que os mitos ao caeren deixan o van por encher. Os mitos caen constantemente pero están agromando sempre.
Vai ser, e é, que non vos son tan nihilista como pensaba e que, pola contra, si son un mitificador do copón. Vamos, que de postmoderno nada, sigo na caberna.(E con sobredose de bacalhao e mojitos)
Que es un mitificador éche ben certo, mais que non es posmoderno está por ver.
Quen che di que a caída dos mitos da posmodernidade non é un mito en si mesmo?
Vaia lea, mellor será que me centre no bacallau e os mojitos, praceres mundanos dos que eu gusto moito.
Caen os mitos o mesmo que as follas no Caurel todos á vez?
Caeu algún de vos como os mitos polo Caurel abaixo?
Estar no Caurel no día que caen as follas todas á vez ascenderá a categoría de mito algún día, tirando por terra iso da caida dos mitos?
Por que nunca estou cando falades da caida dos mitos e da posmodernidade?
A min no outono caeme o pelo. Afortunadamente non todo á vez.
O q si é un mito caído e lo dia despós dos mijitos... cada vez peor.
Enviar um comentário