27 novembro, 2006

Exhibicionismo

Últimas aprendizaxes:
1. Teño unha faceta exhibicionista. Este blog.
2. O desexo de trascender é, seica, consustancial a nosa natureza. Pode ser por medio dos fillos, das amizades ou... da creación.

4 comentários:

Anónimo disse...

Moitas cousas:
primeiro: gustame a foto, parece tal que nos mira,
segundo: sorprendeme esa faceta exhibicionista, coido que será nova,
e terceiro:por medio dos fillos so trascende parte de nos; a creación, suponse que ten que ser boa para uns cuantos para que non caiga no olvido, pero para os amigos, so tes que ser ti mesmo para que non te esquezan.

Anónimo disse...

1. Esta ben que a túa faceta de exhibicionista sexa este blog. Se te puxeras diante da porta dun colexio, vestido só cunha gabardina esperando a saida dos rapaces, terías máis problemas.

2. Agora mesmo só me saen cousas intranscendentes, así que acudo ós meus ancestros.
...Alí estou eu de morto dando vida aos carballos./ Pois é un transvase a vida: a corrente que vai/ na nervadura oculta,/ o eterno dos ríos que nos levan ao mar...

Coido que fun trascendental dabondo.

Anónimo disse...

Non se preocupe, non é o único :)

Anónimo disse...

Pode transcender a través de todo usando a creación que require imaxinación, por suposto. Esa foto son dous dedos con unllas que devecen por atrapar un remuíño no mar..
saúdos
moralla