
Nestes días no que algún, co corpo rebordante de autonoxo secular, proclama a nimia calidade da nosa literatura e da pé á sempre interesante polémica non estaría de máis achegarse á modesta proposición de Lois Pereiro no Luzes de Galiza; ensaio que foi a súa última publicación en vida. Despois se queren poden seguir os señores académicos largando nos xornais como acotío; escribindo como lles peta: pasándose polo forro as normas que eles mesmos refrendan; esquecendo outra volta na próxima votación a quen o merece, e tamén seguir propoñendo a algún xudas feixista.