Últimas aprendizaxes:
1. Teño unha faceta exhibicionista. Este blog.
2. O desexo de trascender é, seica, consustancial a nosa natureza. Pode ser por medio dos fillos, das amizades ou... da creación.
Están o Liceo de Noia e a Casa da gramática, tamén Barbantia e Xerais.
Están os que se nomean pero tamén moitos máis. Non están os que sempre se esquece. Tampouco están os que non se esquece, mais nin queren nin se quere nomear en alto.
Hainos, si, nos que se precisa de antiinflamatorios para o ego inflamado. Outros nos que toca sobredose de estimulantes para a decaída autoestima. Estes últimos mellor se chos besbellan á orella
Nada máis decatármonos do que estaba a contecer, mesmo antes de poñerlle nome, compartimos todos os oito a sensación de estar a vivir un momento máxico, un dos que, a pesar da súa intrascendencia, se recordan toda a vida. A folla estaba a caer!